E se vos sobra cartón… podedes facer carpetas!

Cortamos uns cartóns á medida...

Cortamos uns cartóns á medida...

... e as decoramos!

... e as decoramos!

Pois xa vedes o sinxelo que é: collemos cartóns vellos, os cortamos á medida que queiramos e para decoralas as pintamos ou as forramos con teas de cores ou con papel de regalo que teñamos por casa ou con calesquera outros produtos de refugallo. Ademáis de reutilizar aforramos uns cartiños e temos as nosas fichas ben clasificadas.

Unha carpeta única no mundo!

Publicado en RECICLA XA! | Deixa un comentario

Reutilizando papel: Como realizar un pano de mesa individual

Dobrando as follas de xornal

Dobrando as follas de xornal

Xa imos rematando!

Xa imos rematando!

Pois xa vedes o sinxelo que é … dobramos follas de xornal , as trenzamos e decorámolas ao noso gusto. Cun barniz impermeabilizante e xa está listo para usar na nosa mesa!

Publicado en RECICLA XA! | Deixa un comentario

Visita á Universidade da Coruña e á Casa Grande de Xanceda

Charla na Universidade da Coruña

Charla na Universidade da Coruña

Charla na Universidade da Coruña

Charla na Universidade da Coruña

Charla na Universidade da Coruña

Charla na Universidade da Coruña

Visitando os composteiros

Visitando os composteiros

A depuradora de augas vexetal

A depuradora de augas vexetal

Visita á Casa Grande de Xanceda

Visita á Casa Grande de Xanceda
Visita á Casa Grande de Xanceda
Visita á Casa Grande de XancedaO luns 11 de Marzo os alumnos e alumnas de 1º curso de ESO do CPI Cernadas de Castro tiveron a ocasión de disfrutar dunha viaxe á Universidade da Coruña organizada polo CEIDA onde nos informaron das accións que a Univesidade da Coruña está levando a cabo en materia de xestión medioambiental. Don Manuel Soto, Director da Oficina de Medio Ambiente da Coruña foi o encargado de explicarnos o funcionamento dos composteiros e da Planta de tratamento de aguas residuais con plantas naturais.Xa pola tarde tivemos a sorte de coñecer unha explotación leiteira ecolóxica: “A Casa Grande de Xanceda” unha explotación gandeira baseada na sostibilidade, respecto do medio ambiente, alta calidade e transparencia. A parte máis saborosa… os iogures, que nos encantaron a todas e a todos!
Publicado en RECICLA XA!, XERAL | Deixa un comentario

As 7 R do consumidor responsable

 

As 7 R do consumidor ecolóxico.

As 7 R do consumidor ecolóxico. Fonte: www.verdequetequieroverde.blogspot.com.es

 

 

 

Publicado en RECICLA XA! | Deixa un comentario

Recollendo lixo

Unha cadea polo medio ambiente

Unha cadea polo medio ambiente

Recollendo lixo na contorna do cole

Recollendo lixo na contorna do cole

Triste colleita

Hoxe, 15 de febreiro saímos pola contorna do CPI CERNADAS DE CASTRO, pola zona da piscina concretamente e podedes ver o que nos atopamos no medio da natureza: unha cadeira de plástico, un extintor, un enreillado, unha sinal de tráfico e moita basura miuda.

Como pensades que pode sobrevivir a nosa natureza e a nosa fauna con semellante tipo de refugallos envenenando montes e augas?

Cando nos uniremos todas e todos para cambiar os nosos malos hábitos?

Publicado en Actividades, XERAL | 1 Comentario

Charla sobre o Complexo Medioambiental de Lousame

O xoves 31 desfrutamos da visita de Marta Domínguez que nos explicou como é e como funciona o Complexo Medioambiental de Lousame. Tivémos mágoa de non podelo visitar “in person” pero é que aínda somos novos de máis. De todas formas,  Marta explicounolo todo por medio dun powerpoint. Aquí vos deixamos con esta páxina tan chula que o explica tan ben como ela… Moitas grazas e a REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR.

páxina recíclame sobre a Planta de Reciclaxe de Lousame

Publicado en RECICLA XA! | Deixa un comentario

Facendo un limpiatodo alternativo

Como xa sabedes, moitos dos productos que se utilizan nos fogares para a limpeza son tóxicos e/ou contaminantes. Os monitores de ADEGA déronnos un listado con alternativas fáciles e baratas, e por suposto, ecolóxicas.

Aquí nos vedes facendo un limpiatodo con vinagre, aceite esencial e alcohol de 96º.

Que fácil!

Que fácil!

Anímaste?

Anímaste?

Publicado en Actividades, CIENCIAS NATURAIS | 1 Comentario

Aprendemos a reciclar papel

O mércores 30 de xaneiro Paco e Lucía da Asociación ADEGA, pasaron polo noso cole para ensinarnos un par de cousas interesantes. A primeira reciclar papel… aquí tedes algunha das fotos. Estamos esperando a que seque para facer cousas chulas con el. Xa vos contaremos…

Rachando papel de periódico

Rachando papel de xornal

Botando os cachiños na auga

Botando os cachiños na auga

Mesturamos coa batedora

Mesturamos coa batedora

O da batidora non é preciso; se tedes tempo dabondo disolverase só… e aforraredes enerxía.

Despóis metemos uns enreixados cadrados  e recollemos a masa de papel. Engadímoslles algunhas pelas de lápis de cores para decorar e deixámolos secar…

Publicado en RECICLA XA! | Deixa un comentario

E iso de compostar que é?

Compostaje para niños

Publicado en RECICLA XA! | Deixa un comentario

Os animais de dous en dous…duá…duá!!

Os animais salvan o planeta

Publicado en CAMBIO CLIMÁTICO, RECICLA XA! | Etiquetado | Deixa un comentario