Campaña de recollida de móbiles vellos

Esta semana estivemos tamén organizando unha campaña de recollida de móbiles no noso cole e repartimos tamén información para as casas, para que as familias se conciencien sobre o problema que xenera tanto consumismo de productos tecnolóxicos.

Para levalo a cabo puxémonos en contacto  co CEIDA que xa leva tempo traballando neste tema e que xusto este sábado ofrecen unha conferencia sobre o problema.

Enviáronnos cartaces e información que distribuimos entre as familias e o colexio, informamos aos alumnos e alumnas e estamos a recoller os móbiles que estes nos traen.

A vindeira semana enviaremos todos os recollidos ao CEIDA.

Esta entrada foi publicada en RECICLA XA!. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta