Comezamos os obradoiros!

Hoxe estrenámonos como mediadoras pola reciclaxe por medio dun obradoiro coas nenas e nenos de Infantil B. Comezamos cunha obriña de títeres que nós mesmas ideamos para logo amosarlles como divertirse reutilizando o cartón para facer animaliños.

Presentámonos

Finalmente insistimos na importancia botar o lixo nos sitios axeitados e colaboramos coa campaña de recollida de móbiles vellos que organiza o CEIDA. Encantounos a experiencia!

Grazas aos nenos e nenas de Infantil B pola súa acollida e a profesora Ana pola súa axuda e colaboración.

Esta entrada foi publicada en RECICLA XA!. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta