Aprendemos a reciclar papel

O mércores 30 de xaneiro Paco e Lucía da Asociación ADEGA, pasaron polo noso cole para ensinarnos un par de cousas interesantes. A primeira reciclar papel… aquí tedes algunha das fotos. Estamos esperando a que seque para facer cousas chulas con el. Xa vos contaremos…

Rachando papel de periódico

Rachando papel de xornal

Botando os cachiños na auga

Botando os cachiños na auga

Mesturamos coa batedora

Mesturamos coa batedora

O da batidora non é preciso; se tedes tempo dabondo disolverase só… e aforraredes enerxía.

Despóis metemos uns enreixados cadrados  e recollemos a masa de papel. Engadímoslles algunhas pelas de lápis de cores para decorar e deixámolos secar…

Esta entrada foi publicada en RECICLA XA!. Garda o enlace permanente.