REPORTEIROS CLIMANTICOS!

Dibujo.JPG

Para rematar as actividades programadas e tuteladas por profesores no noso blogue imos tentar establecer unha pequena caza do tesouro. Tentaremos relacionar a información que produzamos ou atopemos cos contidos da unidade 5 que acabamos de estudar.

Realizaremos unha pequena investigación coa información que atopedes na rede sobre as seguintes preguntas:

Como é o clima e a paisaxe de Lousame?
Cales son as consecuencias do cambio climático na túa comarca?

Podemos traballar seguindo a seguinte ore:

Tarefa

Buscade información da rede ou na bliblioteca sobre o clima e a paisaxe de Lousame e trazade un breve texto que respote as seguintes preguntas:

Que aspectos define o clima de Lousame? Cales definen a súa paisaxe?
Que consecuencia terá ou ten o cambio climático no noso clima?

En que vos basades para afirmalo ou negalo?

Proceso

Para realizar esta tarefa deberedes buscar na bliblioteca do centro e na rede datos sobre o clima e a paisaxe da nosa comarca e darllas ao voso/a profesor/a para que coordine os grupos de traballo que logo realizarán, con eses textos, un pequeno vídeo informativo.
Traballaremoa en grupos de ccatro-cinco , de forma que cada compoñente do equipo realice as seguintes tarefas:

Redactor/a: Redactará os textos que servirán de guión para o vídeo a partir dos datos recollidos polo/a documentalista. 

Documentalista: Encargarase de realizar a búsqueda de datos e ordenalos de forma clara para que o redactor os sintetice e poida crear un guión.

Reporteiro: presentará o texto diante da cámara.
Camorógrafo/a: Manipulará a cámara e buscará un ha ubicación idónea e representativa da comarca.

Comunicador/a: Encargarase de colgar os vídeos no post de “Reporteiros climánticos!”.

Os traballos serán avaliados e pasarán a formar parte da nota final da 2ª avaliación, así que ánimo!

Aquí están os traballos:





Esta entrada foi publicada en CIENCIAS SOCIAIS e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.